jueves, 16 de febrero de 2012

EXTINCIÓN - OSTIÓN SEN TOUR DE FRANCIA

Desgraciadamente, e por culpa dunha desgracia, unha desgraciada sacounos da autoestrada en Ancenís cando estabamos de Fucking Chrismast Tour de Francia. Os feitos aconteceron o pasado 31 de decembro sobre as 12:30 horas da mañá despois de ter unha estupenda velada de ruído en Les Pons de Cé, concretamente en La Conserverie xunto con 327 Seconds e Machete e cando nos dirixíamos a Brastparts a tocar no festival Ol´Dirt Braspart Disorder de fin de ano que organizaba Symphony of Destruction Records. Nunha recta da autopista digna dos campos de Castela, fomos envestidos por todas partes por un automóbil que nos quixo adiantar por non dicir matar, ata acabar no regho da autopista cara ningunha parte. Así quedamos pero non rematou aínda a cousa. Un adianto, fin de ano no hospital.


Despois de repetidas colisións, por diante, por detrás, de lado... e a saber por que buratos, o outro coche implicado e causante do siniestro total quedou picha arriba como se pode apreciar a continuación. Nós paramos en secó ó colisinar frontalmente. Gracias airbag, redios!!!


Seguro que vos preguntades si nos pasou algo serio. Pois si. As autoridades locais aínda seguen preguntándose as causas de tan imprevisible pero fodidamente dolorosa colisión.


E o material? pois claro que levábamos material, estabamos nas datas sinaladas. Pero co susto, todo saíu pola fiestra traseira esparcíndose coma pétalos de flor ó vento polas inmediacións colindantes do lugar. Pobre cabezal sen cabeza! Por certo, Non funciona!


E xa sabedes que platillos voantes, en auga non soan. Puro vintage acuático. Funda inservible e pratos con nechas e aboiados incluso tanto coma nós neses momentos.


Como rematará a historia? pois aínda non sabemos. Lío entre seguros, lío entre médicos, lío entre peritos, lío entre avogados, lío coas nosas pertenzas... Moito lío da Virxen!!

Podemos dicir a día de hoxe que a cousa podía ter sido peor. Estamos a salvo pero seguimos convalecentes. Estamos pensando en cambiarnos o nome de Extinción polo de Nocilla of Death!!! xa que o único que non se rompeu no accidente foi o bote de nocilla de dous sabores que compramos en Xixón. Admitimos suxerencias.

- ANTES - 
31 decembro de 2011 Les Pons de Cé sobre as 12:00h da mañá


- DESPOIS - 
1 de xaneiro 2012 sobre ás 12:30 horas da madrugada no Garaxe Anger


COIDADO SE CONDUCIDES POLA BRETAÑA!!

EXTINCIÓN - FULL EQUIPE DIY


Camiseta Extinción + CDr Extinción efecto vinilo printable que inclúe
 a discografía da banda - "O Martelo da Morte" e "Colapso Demo 2007" + Poster 
 10 €aveiras


TODO ISTO É PURO DIY!!! 
APADRINA UN EXTINTOR!!!
xextincionx@gmail.com

Edición CD-r DIY (Extinción Rec Hords) limitada a 100 copias 
(últimas 10 copias e 10 camisetas dispoñibles)
RÁPIDO QUE ESTÁN EN PERIGO DE EXTINCIÓN!!!

Fotografías cortesía de  El Raigal.
                                                                                                            

EXTINCIÓN - CAMISETA

Aquí temos a camiseta de EXTINCIÓN conmemorativa do ostiazo que sufrimos en Francia o pasado 31 de decembro e que é o único que podemos rescatar de tan aparatoso contratempo. Traballo completamente DIY a cargo de Jon - Symphony of Destruction Records. Ilustración a cargo de El Raigal e deseño estampación, como non podía ser doutra maneira, a cargo do Sermaléfico.  

Camiseta negra con tinta branca. 
Admitimos reservas e pedidos no seguinte enderezo xextincionx@gmail.com. 
O prezo de saída é de 8€.

EXTINCIÓN - COLAPSO - DEMO 2007

A primeira gravación do grupo, tres temas de punk metal á vella usanza e a dúas voces, COLAPSO, SELVAS DE CEMENTO e RODEADXS DE LOBOS, os cales nunca foron editados e que agora podes descargar/download. Na súa orixe, estes temas ían sair nun ep 7" pero por diversas razóns, o proxecto quedou secando coa leña que agora podes fender en mil pedasos, loró, loró, loló!!!

 

COLAPSO DEMO 2007 - LIVE TNT -
1.COLAPSO


   2. SELVAS DE CEMENTO


3. RODEADO DE LOBOS


miércoles, 15 de febrero de 2012

EXTINCIÓN - O MARTELO DA MORTE - LP 12"


Despois dunha complicadísima e lavoriosa coordinación entre os nove sellos que co-editan este disco xunto coa propia banda, por fin poderedes cravar a agulla no tocadiscos cos 8 martillazos de Podre Death Punk Crust Peak Oil que compoñen o primeiro disco de Extinción; O Martelo da Morte, un LP que conta con ilustracións forxadas no iunque tóxico do inferno coas mans de El Raigal e co deseño dun parto non desexado na xa defunta cámara de gas do Sermaléfico
 

O MARTELO DA MORTE
Tracklist

1. Treme a Terra en Tebras - 5´56"
2. Peste Negra - 3´32"
3. O Funeral da Humanidade - 3´30"
4. Codicia - 2´48"
5. Marcha Fúnebre - 3´36"
6. Decadencia - 4´40"
7. En Son de Guerra - 5´14"
8. Entropía do Caos - 3´11"

Co-editado por:
Svoboda Records (Francia)
 Subwix (Alemania)
 Zerowork Records (Portugal)
Discos Macarras (Catalunya)
 Mestizaxe Records (México/Galiza)
Extinción Rec Hords (Extinción)

Edición LP 12"- Maio 2012 - 600 copias.