Aquí temos a camiseta de EXTINCIÓN conmemorativa do ostiazo que sufrimos en Francia o pasado 31 de decembro e que é o único que podemos rescatar de tan aparatoso contratempo. Traballo completamente DIY a cargo de Jon - Symphony of Destruction Records. Ilustración a cargo de El Raigal e deseño estampación, como non podía ser doutra maneira, a cargo do Sermaléfico.
Camiseta negra con tinta branca.
Admitimos reservas e pedidos no seguinte enderezo xextincionx@gmail.com.
O prezo de saída é de 8€.