jueves, 16 de febrero de 2012

EXTINCIÓN - OSTIÓN SEN TOUR DE FRANCIA

Desgraciadamente, e por culpa dunha desgracia, unha desgraciada sacounos da autoestrada en Ancenís cando estabamos de Fucking Chrismast Tour de Francia. Os feitos aconteceron o pasado 31 de decembro sobre as 12:30 horas da mañá despois de ter unha estupenda velada de ruído en Les Pons de Cé, concretamente en La Conserverie xunto con 327 Seconds e Machete e cando nos dirixíamos a Brastparts a tocar no festival Ol´Dirt Braspart Disorder de fin de ano que organizaba Symphony of Destruction Records. Nunha recta da autopista digna dos campos de Castela, fomos envestidos por todas partes por un automóbil que nos quixo adiantar por non dicir matar, ata acabar no regho da autopista cara ningunha parte. Así quedamos pero non rematou aínda a cousa. Un adianto, fin de ano no hospital.


Despois de repetidas colisións, por diante, por detrás, de lado... e a saber por que buratos, o outro coche implicado e causante do siniestro total quedou picha arriba como se pode apreciar a continuación. Nós paramos en secó ó colisinar frontalmente. Gracias airbag, redios!!!


Seguro que vos preguntades si nos pasou algo serio. Pois si. As autoridades locais aínda seguen preguntándose as causas de tan imprevisible pero fodidamente dolorosa colisión.


E o material? pois claro que levábamos material, estabamos nas datas sinaladas. Pero co susto, todo saíu pola fiestra traseira esparcíndose coma pétalos de flor ó vento polas inmediacións colindantes do lugar. Pobre cabezal sen cabeza! Por certo, Non funciona!


E xa sabedes que platillos voantes, en auga non soan. Puro vintage acuático. Funda inservible e pratos con nechas e aboiados incluso tanto coma nós neses momentos.


Como rematará a historia? pois aínda non sabemos. Lío entre seguros, lío entre médicos, lío entre peritos, lío entre avogados, lío coas nosas pertenzas... Moito lío da Virxen!!

Podemos dicir a día de hoxe que a cousa podía ter sido peor. Estamos a salvo pero seguimos convalecentes. Estamos pensando en cambiarnos o nome de Extinción polo de Nocilla of Death!!! xa que o único que non se rompeu no accidente foi o bote de nocilla de dous sabores que compramos en Xixón. Admitimos suxerencias.

- ANTES - 
31 decembro de 2011 Les Pons de Cé sobre as 12:00h da mañá


- DESPOIS - 
1 de xaneiro 2012 sobre ás 12:30 horas da madrugada no Garaxe Anger


COIDADO SE CONDUCIDES POLA BRETAÑA!!